Respostas educativas e sociais
ao cambio climático

Resclima

O proxecto RESCLIMA, sobre a relación entre ciencia e cultura común nas representacións sociais do cambio climático: achegas á educación e comunicación sobre os riscos climáticos, explora a lóxica complexa que preside a construción do coñecemento común sobre o cambio climático e o papel que xoga a cultura científica neste proceso.

Actividades

Estas son as últimas actividades do proxecto RESCLIMA.
Se desexas organizar algunha actividade ou estás interesado en participar podes contactar connosco no correo actividades@resclima.info.

Novas

  • Santiago utopía

    Nun mundo cheo de desafíos, queremos romper coa rutina dos problemas e futuros escuros. É hora de atreverse a soñar e construír alternativas, utopías compartidas, desexables, igualitarias, xustas e sostibles. Para iso, estamos a organizar un grupo de persoas co que comezar a soñar e elaborar propostas que logo poidan traducirse en accións concretas. Falaremos,

  • O grupo SEPA-interea no VII Congreso Internacional de Educacição Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa e Galiza

    Mozambique acolleu na semana do 4 ao 7 de xullo o VII Congreso Internacional de Educação Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa e Galiza (http://www.ealusofono.org/), no que o equipo de investigación SEPA-interea, a través do Proxecto Resclima e da súa pertenza á Rede Lusófona de Educação Ambiental (RedeLuso), tivo unha presenza notable, con

  • Xornadas Pontevedra Utopía

    O Proxecto Resclima segue alargando as súas aplicacións. Estamos a pechar o Proxecto Do Desequilibrio aos Soños Compartidos. Construción de Narrativas de Futuro Sostible, onde se triangula o labor educativo dunha Cooperativa de Educación Ambiental –Feitoría Verde, un grupo de teatro profesional –Chévere– e o grupo de Investigación SEPA-interea a través do Proxecto Resclima. Este